Promover a prosperidade e a sustentabilidade do medio rural é o obxectivo da nosa unión coa Fundación Galicia Sustentable. A fundación impulsa o Foro Rural Sustentable e Gadis converteuse en socio protector desta iniciativa que dá voz a persoas, emprendedores e proxectos que están a transformar o rural.
A directora de Marketing e RSC de GADISA retail, Melisa Pagliaro Fernández, e o director da Fundación Galicia Sustentable, Marcos Pérez Gulín, ratificaron o acordo na nosa sede central. Un vínculo co que queremos fortalecer a aposta por xerar impacto positivo na contorna a través da tripla sustentabilidade: económica, social e ambiental, unha das nosas sinais de identidade.
Compartimos os obxectivos e a misión desta iniciativa: poñer en valor os recursos propios de Galicia para desenvolver todo o seu potencial cara a unha sociedade sostible que, no caso desta comunidade, pasa por favorecer a mellora das condicións de vida no rural.
Poñemos como exemplo o noso propio modelo de negocio, baseado na proximidade e en priorizar a produción sostible, que xera un ecosistema formado por máis de 1.000 provedores de orixe local, cos que mantemos relacións a medio e longo prazo para favorecer o seu desenvolvemento. Unha filosofía empresarial que supón un estímulo para o tecido produtivo de Galicia e para afianzar poboación na contorna rural.
Foro Rural Sustentable 2024
O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable, que impulsamos en Gadis xunto con Corporación Hijos de Rivera para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están realizando unha contribución á sustentabilidade do rural.
A 2ª edición deste foro celebrarase o 19 e 20 de abril no Espazo Vilaseco (Chantada) e contará coa participación de expertos, profesionais, investigadores e empresarios que intercambiarán experiencias e debaterán sobre as ideas encamiñadas a alcanzar o obxectivo dunha Galicia rural máis próspera e sostible. Neste sentido, poñerán en valor a importancia do sector primario nesta comunidade. A fundación trasladará as súas propostas ás diferentes administracións e a outros axentes relevantes na sociedade para esixir os cambios regulatorios necesarios.
Comprometidos coas persoas
A firma deste convenio forma parte do noso compromiso coas persoas, que articulamos a través de iniciativas de diversa índole recollidas no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa.



