Sumamos en Ferrol o quinto establecemento franquiado no que vai de ano. O novo Claudio Express forma parte do complexo que a compañía Eni ten na Avenida de Castela nº 318. A tenda conta cunha sala de vendas de 90 m2, na que ofrece unha variedade de 700 produtos de alimentación, droguería e hixiene para satisfacer as necesidades básicas dos clientes. Ademais, nas instalacións, tendes á vosa disposición gasolineira, café, butano e servizo de recollida de paquetes.
Dinamización socioeconómica
O complexo xera catro empregos. O equipo humano da franquía Claudio está composto por máis de 1.000 traballadores. A dinamización socioeconómica da contorna a través da creación e do mantemento do emprego é un dos valores desta liña de negocio , con forte implantación en pequenos e medianos núcleos de poboación.
Xornada de apertura
No acto de apertura participou Ramón Bernardino, responsable de área de Eni, xunto a parte do seu equipo. Por parte de GADISA retail, Miguel Freire, director de vendas de franquía; José Antonio Hermida, coordinador; Sergio Trujillo, responsable de montaxes; e Fernando Mosquera, adxunto a delegado na área de Ferrol.
Quinta franquía do 2024
O establecemento que acaba de abrir as súas portas en Ferrol é o cuarto Claudio Express do ano, tras os de As Pontes, Vigo e Ferreira de Pantón. Este modelo de negocio caracterízase por ser rápido, cómodo e económico, pero tamén porque conta cun amplo horario de atención ao público. Ademais destas catro aperturas, tamén inauguramos en 2024 un supermercado Claudio en Frades.
En total, sumamos 239 puntos de venda deste modelo de negocio, dos que 120 son Claudio Express e 119 Claudio e atópanse en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.



