Estreamos na estación de servizo da Avenida Ricardo Mella s/n un Claudio Express. É o segundo punto de venda deste formato que inauguramos durante o 2024 en Vigo, onde temos en total sete establecementos franquiados.
O novo Claudio Express conta cunha sala de vendas de 60 m2, con máis de 600 produtos de alimentación seleccionados para satisfacer as necesidades e preferencias dos clientes da área na que se atopa o punto de venda, e que poidan facer unha compra básica con rapidez e confort.
O amplo horario de apertura os 365 días do ano e a posibilidade de dispoñer nun mesmo espazo de tenda de alimentación, gasolineira, cafetería, túnel e boxes de lavado, aspirado e butano, proporcionan un plus de comodidade aos clientes.
Xerando emprego
O complexo da Avenida Ricardo Mella xera 12 postos de traballo. Un dos principais valores desta liña de negocio é a creación e o mantemento do emprego en diferentes contornas de poboación: rurais e semiurbanos, principalmente. Más de 1.000 profesionais forman parte do equipo humano da franquía Claudio.
Xornada de apertura
No acto de apertura estiveron presentes Eugenio Chousal e Juan García, propietarios do complexo, xunto a parte do equipo, mentres que en representación de GADISA Retail acudiron Pablo Louro, delegado Área de Pontevedra; Miguel Freire, director de vendas de franquía; Sergio Trujillo, coordinador de franquía; e Benjamín Quintela, do equipo de montaxes.
Sete Claudio Express en Vigo
Con esta apertura, confirmamos o interese por seguir implantando este modelo na cidade olívica. Os outros seis puntos de venda atópanse na zona portuaria (Avenida de Beiramar), o barrio do Calvario (Rúa Portela), a Avenida de Madrid, Avenida do Aeroporto, Praza de España e Rosalía de Castro.
Un modelo de confianza
Incorporamos oito establecementos desta liña de negocio durante o 2024 na comunidade galega. En total, sumamos 241, dos que 117 son Claudio e 124 Claudio Express, situados en Galicia, Castela e León, Madrid e Asturias.
A expansión deste modelo está avalada pola confianza que xera entre emprendedores e empresas, que queren entrar a formar parte da empresa líder do sector en Galicia. A capacidade loxística e de variedade, o profundo coñecemento do mercado e o apoio profesional que prestamos antes, durante e despois da implantación do negocio son algunhas das claves do seu desenvolvemento.



