Reunimos máis de 150.000 quilos de produtos de alimentación básicos na 12ª campaña Mayo Solidario grazas á solidariedade dos nosos clientes. Unha edición na que aumentamos a nosa contribución ata os 30.000 quilos para facer fronte aos desafíos actuais dos bancos de alimentos. Aliviar a situación de vulnerabilidade que atravesan miles de familias de Galicia e Castela e León é o fin desta axuda, á que hai que sumar os 49.873 € doados polos clientes desde o 2 de maio ata o 1 de xuño, datas durante as que estivo en marcha a acción en 201 puntos de venda de ambas comunidades autónomas.
Os Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora serán os encargados de xestionar a repartición dos alimentos e a recadación económica a través das asociacións e ONG coas que colaboran de maneira habitual. Unha axuda que chegará a máis de 100.000 persoas que o necesitan.
Entrega na sede central
A nosa directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray e a coordinadora de RSC, Lucía Santos, realizaron unha entrega simbólica ao presidente do Balrial, Manuel Mora, que acudiu á sede central da compañía en representación das once entidades beneficiadas. En nome de todas elas, agradeceron que sigamos levando a cabo Mayo Solidario porque lles permite seguir apoiando a numerosos colectivos de desfavorecidos. Tamén estivo presente Pilar Aneiros, responsable de voluntariado de Balrial.
Pola nosa banda, puxemos en valor a solidariedade que sempre mostran os nosos clientes, especialmente con Mayo Solidario, a presenza de voluntarios nos puntos de venda para captar máis doazóns, así como a implicación de todo o equipo humano.
Doce anos de compromiso solidario
O compromiso coa economía, as persoas e o planeta define os obxectivos marcados no noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, cun protagonismo destacado das iniciativas de carácter solidario, liderado dende hai doce anos por Mayo Solidario. En todo este tempo entregáronse máis de 1,65 millóns de quilos de alimentos e máis de 225.000 euros.
Así mesmo, Mayo Solidario responde a dous dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030: o ODS 1 (Fin da Pobreza) e o ODS 2 (Fame Cero). A esta campaña súmanse outras accións concretas ao longo do ano, tamén en beneficio dos bancos de alimentos e outras institucións ás que apoia. O noso propósito é sempre o mesmo: mellorar as condicións de vida da nosa contorna.



