Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

RECICLAMOS E REUTILIZAMOS 10.000 TONELADAS DE RESIDUOS AO ANO

Imagen noticia RECICLAMOS E REUTILIZAMOS 10.000 TONELADAS  DE RESIDUOS AO ANO

Puxemos de novo en circulación 10.000 toneladas de cartón, madeira e plástico no ano 2023, a través de diferentes sistemas de valorización e proxectos de economía circular. A xestión responsable dos recursos e residuos en toda a cadea de valor é un dos catro vértices da nosa estratexia ambiental, da que facemos balance con motivo do Día Mundial do Medio. Os outros eixos desta política son a loxística inversa e eficiente, crucial en empresas do sector da distribución e alimentación; o apoio aos provedores de proximidade, que permite reducir as rutas; e a eficiencia enerxética.

 

Reducir, reutilizar e reciclar

O noso sistema de xestión ambiental promove as tres R (reducir, reutilizar e reciclar) como parte da cultura corporativa. Esta filosofía permítenos mellorar cada ano as estatísticas en toda a cadea e na sede central, onde lles damos unha nova utilidade a máis do 95% dos residuos e levamos a cabo 4,8 millóns de movementos de caixas de plástico e outros envases reutilizables, o que frea o emprego doutros recursos. Tamén como parte dun proxecto de economía circular, transformamos parte do cartón reciclado en caixas para preparar os envíos dos pedidos a domicilio dos clientes de Supermercado Gadis.

 

Renovamos por segundo ano consecutivo, neste 2024, o selo ‘‘De Residuos A Recursos: Zero A Vertedero’ de Saica Natur, que acredita o noso compromiso coa sustentabilidade ambiental. Un equipo de máis de 30 profesionais fai que o sistema funcione á perfección, preparando e xestionando o envío dos materiais que chegan diariamente dos puntos de venda ás empresas especializadas para a súa posterior reciclaxe.


 

Atención personalizada para promover el consumo responsable

A atención personalizada, un dos nosos sinais de identidade de Gadis, converteuse nunha ferramenta de utilidade para o medioambiente. Por unha banda, favorecemos a redución do uso de envoltorios e envases e, por outro, impulsamos a compra e o consumo responsable axudando a minimizar o desperdicio alimentario, posto que a venda a granel permite que a cantidade de produtos se axuste ás necesidades dos nosos clientes e dos seus fogares. Este modelo compleméntase co programa “A-proveito”, que consiste na redución substancial do prezo daqueles produtos cuxa data de consumo preferente estea próxima ao seu vencemento.

 

Ademais, as bolsas que poñemos ao dispor dos clientes nas seccións de produto fresco dos Gadis están fabricadas a partir da fécula da pataca, se desintegran nun período inferior a 180 días sen efectos contaminantes e o seu modelo de produción está baseado na economía circular porque se converten en abono para a agricultura biolóxica mediante un proceso de compostaxe.

 

Medidas para axudar a reciclar aos clientes

A sensibilización social e implicar aos clientes no reto da sustentabilidade ambiental é clave, por iso é polo que favorecemos  a valorización de residuos xerados nos vosos fogares, poñendo á vosa disposición puntos de recollida de pilas domésticas ou restos de aparellos electrónicos, que se entregan a xestores autorizados para a reciclaxe do 100% dos seus compoñentes. Nalgunhas tendas tamén recollemos cápsulas de café, que se reciclan correctamente, separando a parte orgánica da inorgánica; e habilitamos illas de reciclaxe en diferentes establecementos.

 

Produción sostible e de proximidade

Xerar riqueza socioeconómica na contorna é outra das achegas do noso modelo de negocio sostible, a través das compras aos máis de 2.000 provedores de orixe local, priorizando a produción máis sostible e de proximidade. Esta aposta materialízase nos supermercados, onde incentivamos o consumo de produtos frescos e de tempada, ofrecendo máis de 500 referencias ecolóxicas. Ademais de reducir a pegada ambiental, fortalecemos a eficacia do sistema loxístico, optimizando as rutas, que controlamos desde a orixe ata os puntos de venda, garantindo a rastrexabilidade. Un sistema de loxística inversa que resulta crucial pola nosa actividade empresarial.


Máxima eficiencia enerxética

Buscamos alcanzar a máxima eficiencia enerxética en todos os puntos de venda e en centros loxísticos. As reformas dos supermercados e as novas construcións lévanse a cabo cumprindo estritos parámetros de sustentabilidade ambiental, priorizando o aproveitamento dos recursos naturais, e implementando tecnoloxías máis eficaces para a refrixeración, climatización e iluminación. Os novos sistemas con respecto aos convencionais poden chegar a supoñer un aforro no consumo enerxético de ata un 40%.

 

Programa educativo Alimentes

Sementar a semente do cambio cara a unha vida máis sostible e saudable desde a infancia é un dos compromisos de Gadis, que reflexamos desde hai máis de dúas décadas con Alimentes, un programa educativo que trata de concienciar a miles de nenos e nenas sobre o consumo responsable, evitar o desperdicio alimentario, e o fomento de hábitos de vida máis sans. Tamén apoiamos ao longo do ano diferentes campañas de sensibilización ambiental, en colaboración con diversas organizacións.


Elipse noticia