Recibimos o agradecemento do Equipo Paralímpico Español polo compromiso de Gadis como patrocinador oficial desde o 2007 do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP). Dezasete anos de respaldo para a súa preparación e participación nos Xogos Paralímpicos. Os máis recentes, os de París 2024, onde os atletas españois colleitaron importantes éxitos en diferentes modalidades deportivas.
O vicepresidente do Comité Paralímpico Español, Alberto Durán, Susana Gaytán, directora xeral adxunta, Israel Íñiguez, do departamento de Comunicación, e oito deportistas que tiveron un papel moi destacado na capital francesa formaron parte da visita: Alberto Suárez (Atletismo), que logrou unha Medalla de Prata, Juan Saavedra (Tiro), Judith Rodríguez (Esgrima), e Damián Ramos (Ciclismo), cunha Medalla de Bronce cada un en París. Tamén participaron no encontro Adiaratou Iglesias (Atletismo), Verónica Rodríguez (Remo); e Araceli Menduiña e Adrián Mosquera (Piragüismo).
Tanto a nivel institucional como particular dos atletas, todos coincidiron na importancia de contar co apoio de empresas como Gadis para poder levar a cabo os seus adestramentos diarios, dispoñer dos preparadores adecuados, asistir a concentracións e outras competicións internacionais e afrontar o reto vital que supón participar nuns Xogos Paralímpicos ao máximo nivel. Para a compañía, os deportistas paralímpicos son un modelo para seguir e un exemplo para toda a sociedade.

Recibimento en GADISA Retail
O director Financeiro e de Sistemas, Agustín Rodríguez, a directora de Recursos Humanos, Clara de Lorenzo, a directora de Marketing e RSC, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, e o director de Relacións Institucionais, Miguel Freire, deron a benvida aos representantes do Equipo Paralímpico Español, que tamén recibiron o aplauso dos traballadores na sede central e o dos clientes durante a súa visita ao Gadis de Iñás.
Responsabilidade Social Corporativa
O compromiso de Gadis co deporte é un dos eixos que articula o noso programa de Responsabilidade Social Corporativa co ánimo de fomentar a súa práctica e tamén de promover entre a sociedade todos os valores que conleva. Potenciar a inclusión social e visibilizar a diversidade son outros dos vértices deste apoio, ao que, neste caso, súmanse os valores compartidos: afán de superación, esforzo, traballo en equipo e ilusión por ser cada día mellores.



