Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

PROMOVEMOS A ALIMENTACIÓN SAUDABLE E DE PROXIMIDADE EN SALIMAT

Imagen noticia PROMOVEMOS A ALIMENTACIÓN SAUDABLE E DE PROXIMIDADE EN SALIMAT

Participamos de novo na Feira Salimat co obxectivo de fomentar a alimentación saudable e promover a importancia de consumir produtos locais e de tempada con actividades variadas dirixidas a todos os públicos.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo, a conselleira do Medio Rural, Mª José Gómez Rodríguez e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitaron a nosa caseta durante a xornada de inauguración. Foron recibidos pola directora de Marketing e RSC de GADISA retail, Melisa Pagliaro, o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, o director de Relacións coa sociedade, Miguel Freire, e a coordinadora de Marketing Dixital e Contidos, Alexandra Kuntz.

Talleres gastronómicos

Lola Crespo (Ñamlicioso e Frambuesa e Caramelo) e Carmen Albo (Guisándome a vida), influencers gastronómicas de Galicia, guiarán dez talleres, nos que se prepararán receitas fáciles, saudables e orixinais dando protagonismo aos ingredientes obtidos de produtores locais.

Cun máximo de 28 participantes e unha hora e media de duración, os showcookings terán lugar o xoves e o venres, ás 12.00 e ás 17.00 horas.

O sábado e o domingo están previstos tres talleres gastronómicos cada unha das xornadas: 11.00, 13.00 e 17.00 horas. Ao finalizar as actividades, degustaranse os pratos elaborados polos asistentes.


 

Programa educativo Alimentes

Para achegar os conceptos de saúde, sustentabilidade e consumo responsable, creamos na nosa caseta espazos para que os nenos e nenas aprendan con dinámicas de xogo a través do Prato Alimentes: o menú saudable. Estas actividades están desenvoltas en liña co programa educativo Alimentes, no que levamos traballando coa comunidade educativa de Galicia e Castela e León desde hai máis de dúas décadas.

Contamos tamén cun punto de información, no que hai unha ruleta na que se repartirán diferentes premios.

Campaña de apoio aos produtores locais: Moito que contar

A nosa aposta polos produtores locais e os produtos de proximidade, máis sostibles e xeradores de riqueza socioeconómica na contorna, define a  nosa participación na Feira Salimat, a máis relevante para impulsar o sector agroalimentario da comunidade. En liña con este compromiso, acabamos de lanzar a campaña “Moito que contar”, con provedores locais de diferentes sectores como protagonistas.


Elipse noticia