Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

O NOSO MURAL ADICADO A LUÍSA VILLALTA XA MIRA AO MAR NO PASEO MARÍTIMO DA CORUÑA

Imagen noticia O NOSO MURAL ADICADO A LUÍSA VILLALTA XA MIRA AO MAR NO PASEO MARÍTIMO DA CORUÑA

O mural co que queremos deixar a pegada das Letras Galegas no Paseo Marítimo da Coruña durante todo o ano xa está rematado na cidade natal de Luísa Villalta. Lidia Cao deu os últimos trazos e a figura da escritora xa loce á altura das Lagoas, ollando ao mar coa particular interpretación desta artista galega con proxección nacional e internacional. A localización elixida, coa colaboración do Concello da Coruña, está pensada para que milleiros de persoas poidan visualizar a obra.

 

“Pintar este mural significou pintar un anaquiño da historia de Luísa, nun lugar privilexiado. Poder ter contacto coa propia familia foi moi enriquecedor. Que a súa irmá me comentara que tiña os ollos verdes foi  revelador para poder representar algo que para min é moi importante como a mirada”, sostén Lidia Cao, quen tamén incidiu en que “me gustou moito poder sentirme tan libre á hora de expoñer meu punto de vista artístico, o lugar escollido e todo o proceso”.


 

Esta iniciativa forma parte do amplo programa que poñemos en marcha neste 2024 para achegar a cultura de Galicia a milleiros de persoas cunha visión multidisciplinar: arte, lingua e literatura.

Elipse noticia