Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

NOVO CLAUDIO EXPRESS EN OLEIROS

Imagen noticia NOVO CLAUDIO EXPRESS EN OLEIROS

Continuamos expandindo o noso modelo de negocio franquiado estreando en Oleiros o sexto punto de venda do 2024. Un Claudio Express abre as súas portas na estación de servizo Icaria 24, situada na rúa Zeus s/n, no Polígono Icaria.

 

A tenda conta cunha sala de vendas de 70 m2. Un espazo deseñado para que o consumidor teña acceso a unha variedade aproximada de 700 produtos de alimentación, droguería e hixiene, co foco posto en satisfacer as súas necesidades básicas.

 

En liña cos establecementos da insignia Claudio Express, responde a un concepto rápido, cómodo e económico, cun amplo horario de apertura para maior comodidade dos clientes. Os servizos compleméntanse con gasolineira, café, túnel e boxes de lavado e aspirado, ademais de butano.

 

Creación de emprego

O complexo crea 5 postos de traballos directos, que forman parte do equipo humano da nosa franquía, con máis de mil persoas. Un dos principais valores deste modelo é a xeración e mantemento de emprego en diferentes áreas xeográficas, tanto en pequenos como medianos núcleos de poboación e tamén na área de influencia das cidades, como neste caso.

 

Xornada de apertura

No acto de inauguración da estación de servizo, os xerentes, Isaac Rebolo e Javier Martínez, estiveron acompañados por parte do seu equipo e polo delegado de Área de GADISA retail, Baltasar López; o director de vendas de franquía, Miguel Freire; o coordinador, José Antonio Hermida; e o responsable de montaxes, Sergio Rodríguez.


Sexto establecemento franquiado do 2024

A provincia de A Coruña concentrou catro das seis aperturas deste ano. Ao Claudio Express de Oleiros súmanse os de Ferrol e As Pontes, ademais dun Claudio en Frades. As outras dúas inauguracións leváronse a cabo en Vigo e Ferreira de Pantón.

 

Con esta inauguración, alcanzamos os 240 establecementos franquiados, dos que 121 son Claudio Express e 119 Claudio. Están situados en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.

 


Elipse noticia