Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

LANZAMOS A 6ª CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD” A FAVOR DE 72 PROTECTORAS DE ANIMAIS

Imagen noticia LANZAMOS A 6ª CAMPAÑA “ALIMENTA LA AMISTAD” A FAVOR DE 72 PROTECTORAS DE ANIMAIS

Poñemos en marcha a 6ª campaña solidaria “Alimenta la amistad” a favor de 72 protectoras de animais de Castela e León e Galicia. Levamos a cabo esta iniciativa no marco do noso compromiso co benestar animal, recollido no programa de Responsabilidade Social Corporativa.

203 Supermercados Gadis de ambas comunidades autónomas únense a esta acción e habilitarán espazos nos establecementos para depositar produtos de alimentación e hixiene para o coidado de cans e gatos. Os clientes que así o prefirades tamén podedes realizar unha doazón económica ao pasar por caixa.

Desde o martes 1 de outubro ata o día 13 deste mesmo mes estará en marcha “Alimenta la amistad”, que desenvolvemos de forma ininterrompida desde o 2019.

Axuda para protectoras de Galicia e Castela e León

As protectoras que recibirán toda a axuda que se recade acollen e prestan asistencia a animais abandonados nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como en Ávila, León, Salamanca, Segovia, Palencia, Valladolid e Zamora.

Presentación da campaña

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, presentou a campaña deste ano en compañía de representantes dalgunhas das entidades a favor das cales se desenvolve. Por parte de CanCoruña asistiu José Antonio López Carral e, De Xuntos as Mariñas, Sonia Santiago e Ana María Díaz. Todos agradeceron a Gadis o apoio durante os últimos cinco anos, que foi fundamental para o bo funcionamento das súas instalacións, ás que a diario chegan numerosos cans e gatos en situación de abandono.

Día Mundial dos Animais

Co desenvolvemento desta acción, desde Gadis queremos captar a sensibilidade social co benestar animal e visibilizar, ademais, a responsabilidade que conleva coidar unha mascota, apoiando a adopción para dar un fogar a animais abandonados en refuxios. Facémolo ao fío do Día Mundial dos Animais, que promove cada 4 de outubro a Organización Mundial de Protección Animal para concienciar á sociedade sobre a importancia da súa defensa e coidado.

Miles de quilos de solidaridade

Máis de 320.000 quilos de alimentos e produtos de hixiene entregamos ás protectoras nas cinco campañas anteriores grazas á solidariedade dos clientes.


Onde podes achegar o teu graniño de area? Estas son as tendas onde podes realizar a túa doazón:

Elipse noticia