Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

FOMENTAMOS UN ESTILO DE VIDA ACTIVO CON MÁIS DE 770 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS DEPORTIVAS

Imagen noticia FOMENTAMOS UN ESTILO DE VIDA ACTIVO CON  MÁIS DE 770 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS DEPORTIVAS

Promovemos un estilo de vida activo e saudable a través do patrocinio e apoio de máis de 770 iniciativas relacionadas co deporte nas súas diferentes modalidades. Das máis de 2.300 accións do noso plan de Responsabilidade Social Corporativa en 2023, ao redor dun 33% corresponden a este ámbito. O obxectivo é chegar ao maior número de persoas cunha visión multidisciplinar: práctica de actividade física, dinamización socioeconómica, accións inclusivas e de deporte adaptado, así como as encamiñadas a potenciar o turismo sostible e responsable.

 

Deportes acuáticos

Coa costa galega como escenario idóneo para a práctica de deportes acuáticos, apoiamos desde hai anos o Pantín Classic Galicia Pro, que concentrará a surfeiros nacionais e internacionais na praia de Valdoviño desde o 24 de agosto ata o 1 de setembro. Un evento que contribúe á revitalización do territorio e promove a inclusión social, cunha proba de surf adaptado. Ademais desta competición, este ano celebrouse en xuño o Gadis Longboard Festival Ferrol 2024, que supuxo a volta a Galicia da prestixiosa World Surf League (WSL); e entre o 25 e o 28 de setembro terá lugar a Cabreiroá Junior Pro Razo.

 

Tamén colaboramos coa Semana ABANCA de vela, remo, piragüismo e esquí náutico, a Copa de Galicia Kaiak de Mar, así como cos circuítos de natación en augas abertas da Travesía Costa e a Tripla Coroa Illas Atlánticas, que supoñen un auténtico desafío físico para os participantes.

 

Lecer activo nas cidades

Para promover o lecer activo nas cidades, apoiamos esta modalidade en auxe durante os últimos anos. Por exemplo, O Marisquiño, que pon o acento en deportes como skateboarding, BMX ou breakdance.

 

Outras modalidades deportivas

Explorar os límites persoais é un dos obxectivos que se marcan os participantes das numerosas carreiras coas que colaboramos, como a Carrera Xinzo de Limia, o Circuito Corresan, a San Silvestre, que se desenvolve en diferentes localidades, e Correndo pola Costa da Morte, ademais do Tríatlon Winnerman, o Desafío Illas Cíes, o Northwest Triman ou o circuíto Coruña Corre.

 

Ademais favorecemos o desenvolvemento de eventos deportivos de diversa índole: desde Equiocio en Ferrol ata o Campionato Nacional de Salto Hípico de Valladolid, o Campionato de España de Ximnasia Rítmica Individual ou o Campionato de Fútbol Feminino España Sub-17 e Sub-15, que promoven a igualdade de xénero a través do deporte.

 

Deporte base

Fomentar hábitos saudables desde a infancia é un obxectivo transversal do noso plan de Responsabilidade Social Corporativa, polo que poñemos foco nas numerosas competicións e torneos de deporte base tanto en Galicia como en Castela e León.

 

Apoio ao equipo paralímpico español desde 2007

O afán de superación, o traballo en equipo e a ilusión son valores que representan ao Equipo Paralímpico Español e que compartimos en Gadis, polo que somos patrocinadores oficiais desde o 2007 a través do Plan ADOP. Un respaldo que este ano é crucial, para as Paralimpiadas que se celebran en París desde finais de agosto ata o 8 de setembro. Ata a capital francesa viaxarán 28 clientes, gañadores das 14 viaxes dobres que sorteamos recentemente. Unha acción co obxectivo de premiar a confianza dos clientes e defender a igualdade de oportunidades e a inclusión social a través do deporte apoiando aos paralímpicos.


Elipse noticia