Abrimos un Claudio Express na localidade de Moeche (A Coruña), o noveno establecemento franquiado que estreamos en 2024. O novo punto de venda abre as súas portas na estación de servizo situada na Crtra. AC-862 p.q. 23.
A tenda está deseñada para satisfacer as necesidades básicas dos clientes seguindo o concepto de rápido, cómodo e económico. A sala de vendas conta con 70 m2 que pon ao dispor do consumidor unha variedade de 700 referencias básicas de alimentación, droguería e hixiene.
Ademais do supermercado, cuxo horario de apertura é moi amplo para favorecer unha mellor atención ao público, o complexo aglutina os servizos de gasolineira, café, butano e túnel e boxes de lavado, aspirado nas mesmas instalacións.
Creación de emprego
O novo Claudio Express xera catro postos de traballo. Máis de 1.000 profesionais forman parte da nosa franquía Claudio, que estimula a dinamización socioeconómica de pequenos e medianos núcleos a través da creación e mantemento do emprego, contribuíndo a fixar poboación na contorna rural.
Xornada de apertura
No acto de inauguración do establecemento, os propietarios da estación, María López e Antonio López, estiveron acompañados por parte do seu equipo e por José Carlos Díaz e Fernando Mosquera, delegado e adxunto de área de Ferrol de Gadisa Retail, respectivamente.
Tamén asistiron Miguel Freire, director de vendas de franquía; Sergio Trujillo, responsable de montaxes, e Benjamín Quintela monitor de froitería de franquía.
Noveno establecemento franquiado do 2024
A apertura do Claudio Express de Moeche é a novena desta liña de negocio en 2024, das que seis tiveron lugar na provincia da Coruña.
Con esta apertura, alcanzamos os 242 establecementos franquiados, concretamente 117 establecementos Claudio e 125 establecementos Claudio Express.
A confianza no modelo
A franquía Claudio situouse como a de maior relevancia do seu sector no noroeste de España grazas á confianza que xera entre emprendedores, pemes e negocios familiares, que optan por incorporarse á compañía líder da distribución en Galicia.



