O coche híbrido que sorteaba Gadis para premiar a confianza dos nos clientes e dar valor engadido á experiencia de compra xa ten gañadora. É Raquel Platas Faraldo, clienta habitual do supermercado de Betanzos.
No punto de venda de Iñás, o director de Comunicación de GADISA Retail, José Luis Fernández Astray, foi o encargado de entregar o vehículo a Raquel Platas, que se mostrou encantada co premio: un Toyota C-HR. Un funcional modelo cunhas características que o fan máis sostible co medioambiente.
Una promoción con miles de participantes
Esta acción promocional levouse a cabo entre o 5 e o 25 de setembro nos Gadis, coa participación de miles de clientes tanto de Galicia como de Castela e León que, por cada 25 € de compra, recibían un boleto para cubrir e depositar nunha urna. O sorteo, do que saíu o nome da gañadora, celebrouse ante notario o pasado 2 de outubro.



