Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON “FLORES E LETRAS”

Imagen noticia CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON  “FLORES E LETRAS”

Sumámonos, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas. Unha data que, desde Gadis, aproveitamos para achegar as nosas letras a miles de fogares en Galicia. Neste 2024, volvemos apostar por un formato orixinal co caderno de actividades “Flores e letras”. Unha publicación para emprender unha viaxe ao pasado da literatura galega e coñecer curiosidades dos autores e publicacións máis universais. Do pasado ao presente transitando por versos e textos a través de pasatempos, enigmas, e xogos que tamén levarán ao lector a descubrir a autores desta época.

 

Cun deseño moi visual e rompedor, “Flores e Letras” atrapa polo seu xeito innovador de poñer en valor a literatura galega. Ademais, trátase dun caderno moi ameno para nenos, mozos e adultos, que atoparán no seu interior un recordatorio da figura de Luísa Villalta, a autora elixida pola Real Academia Galega para render homenaxe nesta edición das Letras Galegas.

 

Entrega nos Gadis o 16 de maio

Repartiremos máis de 30.000 exemplares do caderno “Flores e Letras” ós clientes que realicen unha compra por calquera importe, o vindeiro xoves 16 de maio, ata esgotar existencias, en tódolos supermercados de Galicia. Tamén existe a posibilidade de descargalo en formato PDF na web https://www.gadisletrasgalegas.gal/ a partir do próximo 15 de maio.

 

“Flores e Letras” é o fío condutor de tódalas accións que levaremos a cabo con motivo desta conmemoración. Na mesma xornada agasallaremos aos nosos clientes con máis de 30.000 marcapáxinas, para achegarnose aos máis mozos, e tamén entregaremos máis de 30.000 bolsas de papel reciclado dando conta da celebración. Ademais destas iniciativas que poñemos en marcha para asomarnos á lingua galega como elemento de identidade común, en vindeiras datas terá lugar unha acción especial en A Coruña, cidade natal da homenaxeada deste ano.


 

Sempre coa cultura de Galicia

Apoiamos a cultura desta terra nas súas diferentes manifestacións ao longo de todo o ano, reforzando este apoio con motivo do Día das Letras Galegas. Nas últimas edicións sorprendemos con iniciativas máis innovadoras, como “Versos na rúa”, con citas literarias nos pasos de peóns; potenciamos o talento de 15 novas voces da poesía galega recolléndoas nunha publicación, e editamos o fanzine “Tirabeque”.

 

Nestas máis de dúas décadas coa cultura galega, editamos máis de 360.000 exemplares de libros para impulsar a traxectoria de novos autores e tamén doutros máis recoñecidos. 


Elipse noticia