Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

APOIAMOS MÁIS DE 150 FESTIVAIS E FESTAS POPULARES

Imagen noticia APOIAMOS  MÁIS DE 150 FESTIVAIS E FESTAS POPULARES

Fortalecemos a nosa aposta de achegar a cultura ao maior número de persoas cun completo programa de patrocinios e colaboracións con especial protagonismo para os festivais musicais e audiovisuais, ademais das festas populares, que contribúen ao arraigamento das tradicións en toda a xeografía galega. En total, colaboramos con máis de 150 citas culturais relevantes de diversa índole, que concentran a miles de persoas en toda Galicia, incluíndo as celebracións populares e gastronómicas. Este apoio recóllese no noso plan de Responsabilidade Social Corporativa, que xestionamos co obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico da súa contorna a través da promoción cultural.



Máis presencia en O Son do Camiño

O Son do Camiño inaugura este xoves o calendario dos grandes festivais de música que se van a celebrar en Galicia durante os próximos meses. Grazas a unha promoción realizada nos Gadis no mes de abril, máis de 450 clientes gozarán de forma gratuíta dos concertos e espectáculos que concentrarán a miles de persoas no Monte do Gozo este fin de semana. Teremos unha maior presenza nesta cita musical cunha caseta propia na que os festivaleros poderán facerse con diferentes agasallos.

A música con Gadis tamén soará noutros eventos relevantes, como o Portamérica (Caldas); o Planeta Sound Festival (Ponferrada); o Festival da Luz (Boimorto); o Atlantic Fest (Vilagarcía); o Revenidas (Vilagarcía); o Festival Sinsal (Redondela); a Carballeira de Zas; o Festival de Ortigueira; o Ouren Sound Fest; 17º Ribeira Sacra; Recorda Fest; e Río Verbena Fest; entre outras citas do ámbito musical.

En canto á industria audiovisual, cabe sinalar o noso apoio ao Festival de Cans (O Porriño); o Play Doc (Tui); o FIC Bueu; o Ourense Film Festival; o Festival de Cinema de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.


Arraigamento cultural e social: festas populares

Como empresa 100% galega que somos, estamos comprometidos coas festas populares, que son elemento vertebrador para numerosas localidades, axudan a manter vivas as tradicións e supoñen un importante arraigamento cultural. Diversas celebracións tradicionais e gastronómicas contan coa nosa axuda, como o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Albariño (Cambados), a Festa do Polbo do Carballiño e a Festa do Polbo de Mugardos. Tamén a Festa da Merluza de Celeiro, Festa do Viño Tinto do Salnés de Barrantes en Ribadumia e a Feira do Viño de Amandi (Sober).


Elipse noticia