Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

AFIANZÁMONOS COMO A EMPRESA GALEGA DO SECTOR QUE MÁIS EMPREGO SOSTÉN: 8.558 PROFESIONAIS

Imagen noticia AFIANZÁMONOS COMO A EMPRESA GALEGA DO SECTOR QUE MÁIS EMPREGO SOSTÉN: 8.558 PROFESIONAIS

Xeramos preto de 1.000 empregos directos desde o 2019, dos que 342 creáronse durante o último ano. A captación de novo talento e o mantemento de emprego estable e de calidade forman parte do noso compromiso coas persoas, a economía e a súa contorna. Cun equipo humano composto por 8.558 profesionais a peche de ano, afiánzámonos como a empresa galega do sector que máis emprego sostén. Avanzar cara ao futuro con solidez e prosperidade é o noso propósito para aumentar o impacto positivo a través da sustentabilidade económica, social e ambiental.

 

Un modelo de negocio que aporta valor: profesionalización

A xestión das persoas e dos equipos está apoiada polo noso modelo de negocio, que xera valor engadido pola atención personalizada no mostrador tradicional das seccións de produto fresco dos Supermercados Gadis. Este factor diferencial potencia o emprego cualificado para os profesionais que traballan nas seccións de peixaría, carnicería, frutería e charcutería. Perfís moi especializados que ofrecen, á súa vez, un trato de calidade e marcado pola proximidade aos clientes.

 

Formación e promoción interna para o crecemento persoal e profesional

Os piares sobre os que desenvolvemos a nosa política de recursos humanos son a atracción de novo talento, a retención dos traballadores senior pola súa capacitación; e a formación e promoción interna para o crecemento persoal e profesional de todas as persoas que forman parte da organización.

 

Os plans para potenciar as habilidades dos traballadores e enriquecer a súa bagaxe formativa alcanzaron a 3.064 persoas en 2023, ano no que 89 alumnos de formación ocupacional realizaron prácticas empresariais nas diferentes seccións e nas caixas. Isto supuxo unha oportunidade laboral para as persoas que se incorporaron ao noso persoal grazas a esta formación.

GADISA Retail é unha porta que se abre moitas veces para os mozos, aos que damos a súa primeira oportunidade para iniciar e desenvolver unha carreira profesional. Moitos deles incorpóranse á nosa gran familia despois de participar en programas de prácticas formativas e laborais” poñemos en valor con motivo do Día Internacional da Mocidade.

 

Busca activa de novo talento

Levamos a cabo unha busca activa de novo talento participando en diferentes feiras de emprego e xornadas de captación laboral durante 2023 e no que vai de ano: 14ª Feira de Emprego de Cámara A Coruña en Fórum Carballo, VII Summer Camp AECOC do Gran Consumo (Santiago), Feira de emprego da Universidade da Coruña, XV Feira de emprego da Cámara da Coruña (Palexco), FESTALENT- Feira de empresas e Talento da UDC (Pavillón de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol). Recentemente, en Valladolid máis de 1.400 aspirantes exploraron as súas oportunidades na Feira de Talento e Emprendemento.

Elipse noticia