Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

ABRIMOS UN NOVO CLAUDIO EN BEARIZ

Imagen noticia ABRIMOS UN NOVO CLAUDIO EN BEARIZ

Estreamos en Beariz un punto de venda franquiado Claudio con 200 m2 de sala de vendas e unha variedade de máis de 2.000 produtos de alimentación, droguería e hixiene, tanto de marcas líderes como da marca propia IFA. Tamén ofrecemos unha ampla variedade de artigos nas seccións de fresco: carnicería, froitaría e charcutería.

O establecemento está situado na Avenida de Carballiño nº 19 e cumpre con dous dos obxectivos desta liña de negocio: prestar un servizo esencial á poboación da contorna rural e contribuír á dinamización socioeconómica do territorio.

Para unha maior comodidade dos clientes da localidade e da comarca do Carballiño, o horario de atención ao público é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas, de luns a sábado. Ademais, o novo establecemento dispón de prazas de aparcamento.

Creación de emprego

Coa apertura do Claudio xéranse tres postos de traballo directos. Ao redor de 1.000 profesionais forman parte do equipo humano da franquía, que fomenta as oportunidades de emprendemento no medio rural para afianzar poboación.

Acto de apertura

O alcalde de Beariz, Manuel Prado, acompañou a Javier Souto, un dos propietarios do establecemento, xunto con Beatriz Gregorio, no acto de apertura, no que tamén participou o equipo de traballadores. Por parte de GADISA Retail estiveron presentes Miguel Freire, director de vendas de franquía; José Antonio Hermida, coordinador; e Sergio Trujillo, responsable de montaxes.

240 establecementos franquiados

A apertura do Claudio de Beariz é a sétima desta liña de negocio en 2024. Sumamos 240 establecementos franquiados, dos que 117 son Claudio e 123 operan baixo o formato Claudio Express. Están situados en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.

Un modelo en expansión

O crecemento desta liña débese en gran parte á oportunidade que supón entrar a formar parte da empresa líder de distribución na comunidade galega, cun modelo contrastado, baseado no acompañamento por parte dun equipo profesional especializado e o asesoramento integral antes, durante e despois da implantación do negocio.

Elipse noticia