Flecha volver página noticias

Volver a noticias

CLAUDIO

ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN PLENO CENTRO DE POIO

Imagen noticia ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN PLENO CENTRO DE POIO

Estreamos un punto de venda Claudio Express en pleno centro de Poio. Situado na Avenida Andurique nº52, o supermercado dispón de ao redor de 1.000 referencias de alimentación, droguería e hixiene, distribuídas en 110m2 de sala de vendas que permiten satisfacer as necesidades básicas dos clientes.

Rápido, cómodo e económico son os tres conceptos que caracterizan o modelo de tenda Claudio Express que, neste caso, inclúe ademais sección de panadería, chacinería ao corte e a especialidade de bacallau.

O novo punto de venda dispón dun amplo horario para facilitar a atención aos clientes de Poio e a súa área de influencia: de luns a venres, de 09:30 horas a 20:45 horas ininterrompidamente, e os sábados de 09:30 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 20:30 horas

Creación e mantemento de emprego

O Claudio Express xera 4 postos de traballo, polo que contribúe á dinamización socioeconómica a través da creación de emprego en pequenos e medianos núcleos de poboación, en liña cos obxectivos da franquía Claudio.

Ademais, con este novo punto de venda, alcanzamos as 10 aperturas desta liña de negocio no que vai de ano.

Acto de inauguración

A fundadora do supermercado, Rosa Solla, estivo acompañada polo seu fillo Javier Ucha e o seu neto Javier Ucha, tamén propietarios do establecemento, ademais do seu equipo. Por parte de Gadisa, Pablo Louro, delegado de área na provincia de Pontevedra, con  Miguel Freire, director de vendas de franquía, Sergio Trujillo, coordinador, e Óscar Darriba, responsable de montaxes de establecementos franquiados.

Sorteo para celebrar a apertura

Con motivo da inauguración, os clientes poderán participar no sorteo dun Iphone 14 presentando un ticket por valor de 10€ en compras efectuadas entre o 25 de setembro e o 9 de outubro. 

Elipse noticia