Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

ABRIMOS O NOSO PRIMEIRO SUPERMERCADO EN SEGOVIA CON MÁS DE 1.100 M2

Imagen noticia ABRIMOS O NOSO PRIMEIRO SUPERMERCADO EN SEGOVIA CON MÁS DE 1.100 M2

Desembarcamos en Segovia cun punto de venda na Praza de Santa Eulalia nº9. Trátase dun equipo profesional e especializado que atende de forma personalizada. Esta é unha das nosas sinais de identidade, dando prioridade ás seccións de produto fresco e a capacidade de elección dos clientes, cunha completa oferta de máis de 10.000 artigos: os mellores frescos, marcas recoñecidas a prezos competitivos, un equilibrado catálogo de produtos de marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel.

 

As instalacións, de máis de 1.100 m2 permiten que os clientes poidan gozar dunha compra cómoda e áxil. Con entrada e saída tamén pola rúa Perucho, este moderno espazo construíuse seguindo estritos parámetros de sustentabilidade ambiental e accesibilidade.

 

 

A peixaría do noso primeiro Gadis de Segovia ofrece a maior variedade de produtos do mar, da mellor calidade e frescura. Un equipo de profesionais selecciona e adquire, principalmente nas lonxas e portos de referencia de Galicia, os peixes e mariscos que se distribúen a diario aos puntos de venda grazas ao eficaz sistema loxístico da empresa.


 

Fomentar o aprovisionamento de proximidade, que xera máis impacto positivo na contorna ao impulsar o tecido produtivo, é un dos nosos factores diferenciais, xa que contamos con máis de 1.000 provedores locais de alimentación. Abastecen principalmente as seccións de produto fresco: carnicería, panadería, froitas e verduras, charcutería e peixaría.


O horario do novo supermercado é amplo e ininterrompido, de luns a sábado, de 09.00 a 21.00 horas. Os servizos complétanse coa web www.gadisline.com, que permite realizar a compra desde a comodidade do fogar.

 

A nosa aposta por transferir aforro ás familias lévase a cabo coas ofertas diarias de 2 ou máis produtos con importantes descontos a través das Oportunigadis e máis de 400 artigos semanais ao mellor prezo en folleto, así como cupóns desconto na APP. Tamén prestamos apoio a través de descontos ás familias numerosas e un agasallo de benvida aos recentemente nados.

 

Sorteos para celebrar a apertura

Con motivo da inauguración, desenvolveremos unha serie de accións dirixidas aos clientes. Deste xeito, aqueles que se descarguen a app Gadis + e rexistren as súas compras entre o 13 e o 26 de xuño poderán participar no sorteo dun iPhone 15. Ademais, nese mesmo período, por cada 10€ de compra, recibirán un boleto para acceder a un gran sorteo final dunha TV Led Samsung 55¨e un patinete eléctrico.

 

Presenza en Castela e León

Estamos presentes desde fai máis de vinte anos en Castela e León e actualmente contamos con 46 puntos de venda nas provincias de Ávila, León, Palencia, Salamanca, Valladolid, Zamora e agora en Segovia. Máis de 1.800 profesionais forman parte do noso equipo humano nesta comunidade.

Elipse noticia