O Supermercado Gadis do mercado de San Agustín, en A Coruña, está de estrea despois de que executaramos unha profunda remodelación cun incremento de superficie. O punto de venda abre de novo as súas portas con máis de 1.900 m2 de superficie total. É máis moderno e accesible para os clientes, que tamén dispoñedes dunha maior variedade de produtos, especialmente nas seccións de fresco, o noso sinal de identidade. A completa variedade favorece a capacidade de elección.
O punto de venda conta cunha oferta de máis de 12.000 artigos: os mellores frescos, marcas recoñecidas a prezos competitivos, unha equilibrada variedade de marca propia IFA e numerosas referencias veganas, ecolóxicas, sen glute e a granel. O obxectivo é adaptarse ás vosas necesidades e ás tendencias de consumo actuais.
1723185454233.jpeg)
Talento: 45 profesionais ao servizo dos clientes
A atención personalizada no mostrador tradicional, que implica unha maior sustentabilidade ambiental ao reducir o uso de envases, conleva tamén unha maior captación de talento, con perfís máis profesionalizados.
Este punto de venda conta cun equipo composto por 45 persoas, 9 delas de nova incorporación, para brindarvos un servizo eficaz e personalizado, en horario ininterrompido de 09.00 a 21.30 horas, de luns a sábado.
Comodidade e sustentabilidade
Con esta actuación, proporcionamos maior comodidade aos clientes, xa que aseguramos unha maior rapidez nas vosas compras, e melloramos a accesibilidade do punto de venda, que conta con corredores máis anchos, nove caixas de cobranza e mobiliario de última xeración. Ademais, a reforma garante unha maior eficiencia enerxética para cumprir cos nosos estritos parámetros de sustentabilidade ambiental.
1723185491400.jpeg)
Proximidade: 35 Supermercados Gadis na Coruña
A proximidade é unha das nosas fortalezas. Na Coruña é moi relevante, con 35 puntos de venda situados en diferentes zonas de toda a cidade para darvos o mellor servizo. Ademais, tamén podedes realizar as vosas compras a través da web gadisline.com.
Apoio ás familias
Transferir aforro ás familias para mellorar o voso benestar é un dos nosos compromisos cos clientes, que levamos a cabo a través das ofertas diarias das Oportunigadis e con máis de 400 artigos semanais ao mellor prezo en folleto, así como cupóns desconto na APP Gadis+.



