Flecha volver página noticias

Volver a noticias

GADIS

PRESENTAMOS A 12ª CAMPAÑA MAYO SOLIDARIO

Imagen noticia  PRESENTAMOS A 12ª CAMPAÑA MAYO SOLIDARIO

Presentamos a nova campaña Mayo Solidario, que levará a cabo desde este xoves, 2 de maio, ata o próximo 1 de xuño. Con esta edición, cúmprense xa 12 anos desde que Gadis lanzou esta iniciativa solidaria, que se converteu nunha das máis simbólicas do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa.

 

Os interesados en colaborar podedes facelo mediante a doazón de alimentos non perecedoiros nos espazos destinados a tal fin nos diferentes puntos de venda ou a través dunha doazón económica no momento de abonar a compra.

 

En total, son 201 Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León os que participan nesta campaña solidaria, que ten como fío condutor o noso compromiso coas persoas, as familias e os colectivos en situación de vulnerabilidade. Mellorar o benestar social con accións de impacto como Mayo Solidario é un dos propósitos da compañía.

 

Once bancos de alimentos xestionarán axuda

Once bancos de alimentos das dúas comunidades autónomas nas que estamos presentes xestionarán tanto a repartición dos produtos de alimentación como a recadación económica. Son o Banco de Alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

 

Beneficiados: 800 asociacións e máis de 100.000 persoas

Os bancos de alimentos coñecen a situación real e atenden as necesidades de 800 asociacións, entre as que distribuirán de modo equitativo a axuda, cuxo destino final son máis de 100.000 persoas que viven en fogares en situación de vulnerabilidade. Unha vez máis, entre os alimentos máis demandados atópanse os legumes, o leite, o arroz, o aceite, as conservas ou os cereais

 

Agradecemento aos clientes, voluntarios e equipo humano

Desde Gadis agradecemos de antemán a xenerosidade que sempre mostrades os nosos clientes coas iniciativas de carácter solidario, así como a entrega por parte do equipo humano para que resulte un éxito. Tamén a participación dos voluntarios, que permite levar a cabo esta iniciativa. Os propios bancos de alimentos están a pedir a participación nesta campaña para poder ampliar o seu alcance.

 

Millóns de quilos de solidariedade

Os xestos solidarios dos clientes e as achegas que realizamos desde Gadis en cada edición de Mayo Solidario suman ao redor de 1,5 millóns de quilos de produtos e preto de 200.000 €. Esta axuda xestionárona sempre os bancos de alimentos desde que en 2003 puxemos en marcha esta acción por primeira vez.

 

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

O noso programa de Responsabilidade Social Corporativa está aliñado coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS 1 (Fin da Pobreza), ODS 2 (Fame cero), ODS 10 (Redución das desigualdades). Ademais, respondemos aos retos globais a través da nosa adhesión ao Pacto Mundial das Nacións Unidas desde hai case dúas décadas.


Consulta aquí as tendas nas que podes participar:

Elipse noticia