O coidado do medio natural inflúe de forma directa no benestar das persoas que o habitan. Por iso, en GADISA Retail traballamos para garantir as mellores prácticas ambientais en todas as nosas operacións e fomentamos hábitos de vida e de alimentación saudables e respectuosos co planeta.
O noso respecto á contorna trasládase á Política Ambiental, que establece as pautas para unha xestión responsable e sustentable dos recursos. A nosa estratexia global de sustentabilidade vira sobre catro eixos que se trasladan de forma transversal a toda a cadea de valor:

Somos conscientes do poder transformador da nosa actividade sobre a xeración de residuos domésticos. Traballamos para implicar á clientela no reto da sustentabilidade, o aproveitamento dos recursos ou a reciclaxe. Entre outras medidas:

En GADISA Retail aplicamos os principios da economía circular en todas as fases da nosa actividade, o que nos permite reducir o noso consumo e reintroducir os residuos na nosa cadea de valor. Traballamos para promocionar unha cadea de produción circular e un consumo responsable entre os nosos clientes.
Selo “De residuos a recursos: cero a vertedoiro”: Os nosos esforzos permitíronnos, por terceiro ano consecutivo, recibir este recoñecemento do Grupo Saica, que avala que máis do 95% dos residuos xerados no noso centro loxístico de Betanzos son reutilizados ou reciclados. En concreto, o sistema de revalorización de residuos do centro permitiu dar unha segunda vida a preto do 98 % dos residuos xerados en 2024.

O noso sistema interno de clasificación e reciclaxe de envases e embalaxes que nos permite aumentar a valorización de residuos. En 2024 reciclamos un total de 9109 toneladas de residuos, reintroducíndoos na nosa cadea de valor:

Dende GADISA Retail queremos contribuír á mitigación do cambio climático. Traballamos para diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á nosa actividade e á cadea de valor alimentaria.
Promover a sustentabilidade integral en toda a nosa cadea de valor implica fomentar hábitos de vida e alimentación saudables, que repercuten na saúde das persoas e no coidado do medio.
ALIMENTOS
A variedade de produtos é a base da nosa estratexia para fomentar hábitos alimenticios equilibrados. Ademais, permítenos responder as expectativas dun novo consumidor máis concienciado co medio ambiente.
A variedade de produtos é a base da nosa estratexia para fomentar hábitos alimenticios equilibrados. Ademais, permítenos responder as expectativas dun novo consumidor máis concienciado co medio ambiente.
Colaboramos coa Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA)
En GADISA Retail estamos concienciados coa importancia de facilitar a nosa clientela opcións que se adapten ás súas necesidades dietéticas. Contamos con máis de 600 referencias aptas para persoas con celiaquía e ofrecemos ideas de receitas sen glute a través da páxina web de supermercados GADIS.
Experiencias prácticas: visitas aos supermercados
Para completar a aprendizaxe virtual na plataforma interactiva, organizamos visitas guiadas e participativas aos puntos de venda. O foco céntrase, principalmente, nas seccións de produto fresco: peixería, froitería e carnizaría, co obxectivo de transmitir que os produtos frescos, de proximidade e de tempada son máis sostibles, saudables e responsables coa contorna.
Programa Alimentes
O noso programa educativo “Alimentes Dixital” está deseñado e desenvolvido para fomentar hábitos de vida saudable dende a infancia, cun foco especial na alimentación equilibrada, a compra consciente e a sustentabilidade.
28 501 escolares de Galicia e Castela e León participaron no programa Alimentes de GADIS durante o curso que acaba de rematar. Un novo fito que valoramos positivamente xa que, ano tras ano, continúa aumentando o número de escolares formados. Tamén medrou o número de centros educativos inscritos no plan: 479 colexios situados en 24 cidades de Galicia e Castela e León.
